Reseña: Entroido de Rober Cagiao

17:00

Título:
 Entroido

Autor: Rober Cagiao

Editorial: Knowmadas Books

Nº de páginas: 357

Precio: 18,00€ (papel) y 3,00€ (ebook)  COMPRAR

O asasino do martelo sembra o pánico en Galicia a comezos do século XXI. Dúas décadas máis tarde a filla da súa derradeira vítima, a inspectora Lola Xallas, é a encargada de investigar o asasinato do empresario catalán Tony Torres en Barcelona.
Alí coñecerá a Olvido, xornalista e principal sospeitosa, e comezará unha carreira na que o pasado retornará enmascarado entre traizóns, mentiras e unha caza mortal.
Co son do chifre arrancará o Entroido e os peores pesadelos voltarán para enfrentala á verdade.

A historia  é tremenda, empeza por un asasinato. Tony Torres aparece morto. Hai unha investigación, varios saltos temporais e moita moita intriga. É tremendo. A retranca galega está presente, a miña cidade tamén. 

A estructura é a seguinte está dividido en capítulos sen numerar, pero con un título onde nos indica a quen vai adicado e qué o que está a facer nese intre. Unha idea moi boa. 

A narración é en terceira persoa para comprender mellor a historia. 

A linguaxe é 100%  en galego, en marzo sae en castelán. Para os que non sexades galego falantes recomendovola en castelán. Ademáis de que ten moitos detalles da Coruña e da retranca galega. 

Os persoaxes son varios: 

Lola Xallas é a encargada de investigar o asasinato do empresario Tony Torres. 

Olvido é a xornalista e unha dos persoaxes con máis xiros de toda a historia. 

Ademáis deles dous temos a Soledad Arnau, a actriz. Podería dicirse que a terceira en discordia. Tamén coñeceremos a Tony a través dos saltos temporais.  

A miña valoración final da obra é a seguinte: Foi a miña primeira vez lendo un libro en galego sen ser por obrigación. É a triste realidade. Non é porque non o entenda por razóns obviass fágoo, pero son castelán falante na miña vida diaria e por iso leo na miña lingua materna aínda que tamén o é o galego. 

É unha historia de mortes, investigacións policiacas, pero moi entretido. A narración é tan áxil que o les bastante rápido. As ubicacións da novela son magníficas, sobre todo a escena no Hard Rock hotel de Tenerife. Segues o fío de principio á fin e como sempre con sorpresa ó final. Moi bo. 

A miña obvia puntuación é de cinco estrelas sobre cinco. 


¡Os dejo mis redes sociales!

You Might Also Like

0 comentarios

Sígueme en Wattpad: