Autor: Rober Cagiao
Editorial: Knowmadas Books
Nº de páginas: 357
Precio: 18,00€ (papel) y 3,00€ (ebook) COMPRAR
Alí coñecerá a Olvido, xornalista e principal sospeitosa, e comezará unha carreira na que o pasado retornará enmascarado entre traizóns, mentiras e unha caza mortal.
Co son do chifre arrancará o Entroido e os peores pesadelos voltarán para enfrentala á verdade.
A historia é tremenda, empeza por un asasinato. Tony Torres aparece morto. Hai unha investigación, varios saltos temporais e moita moita intriga. É tremendo. A retranca galega está presente, a miña cidade tamén.
A estructura é a seguinte está dividido en capítulos sen numerar, pero con un título onde nos indica a quen vai adicado e qué o que está a facer nese intre. Unha idea moi boa.
A narración é en terceira persoa para comprender mellor a historia.
A linguaxe é 100% en galego, en marzo sae en castelán. Para os que non sexades galego falantes recomendovola en castelán. Ademáis de que ten moitos detalles da Coruña e da retranca galega.
Os persoaxes son varios:
Lola Xallas é a encargada de investigar o asasinato do empresario Tony Torres.
Olvido é a xornalista e unha dos persoaxes con máis xiros de toda a historia.
Ademáis deles dous temos a Soledad Arnau, a actriz. Podería dicirse que a terceira en discordia. Tamén coñeceremos a Tony a través dos saltos temporais.
A miña valoración final da obra é a seguinte: Foi a miña primeira vez lendo un libro en galego sen ser por obrigación. É a triste realidade. Non é porque non o entenda por razóns obviass fágoo, pero son castelán falante na miña vida diaria e por iso leo na miña lingua materna aínda que tamén o é o galego.
É unha historia de mortes, investigacións policiacas, pero moi entretido. A narración é tan áxil que o les bastante rápido. As ubicacións da novela son magníficas, sobre todo a escena no Hard Rock hotel de Tenerife. Segues o fío de principio á fin e como sempre con sorpresa ó final. Moi bo.
A miña obvia puntuación é de cinco estrelas sobre cinco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario